Catro Ventos

Catro Ventos Catro Ventos Editora é un espazo para libros que non teñen présa. Editora de Maos Innovación Social (maos.gal).

Queremos espallar en galego as voces que traen os ventos todos sobre todo o que nos parece que exprime un novo modus vivendi para este mundo. Libros e materiais diversos que nos ilustren sobre iniciativas ou reflexións individuais ou colectivas, locais ou globais, redes, comunidades, modelos... tocante ás finanzas éticas, os mercados sociais, o ensino e a crianza respectuosos, as artes e a cultura

da xente para a xente, o consumo responsable, cultura cooperativa, a produción e o traballo en horizontal, o lecer e moito máis..

O corpo gordo como invisíbel, mais ocupando moito espazo. O bikini na praia como símbolo de resistencia. O des**o como s...
16/06/2026

O corpo gordo como invisíbel, mais ocupando moito espazo. O bikini na praia como símbolo de resistencia. O des**o como suxeito, non como obxecto da ollada masculina. A autoestima construída coa vulnerabilidade e co ativismo. Disto e máis fálanos Violeta Maroto Romero en “Razóns de peso. Desbordamentos, des**os e outras incomodidades gordas”.

👉 Xa podes conseguilo tanto en ebook como formato físico a través de CatroVentos.Gal, ou na túa libraría máis próxima

Razóns de peso é un libro que fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. Dezanove voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de s**o, de soidade, de saúde mental e física, de des**o e de mirada.”

Para falar de activismo gordo, temos que falar de corpos, amor e des**o. Mais tamén de dietas e violencias ✍️Os textos d...
12/06/2026

Para falar de activismo gordo, temos que falar de corpos, amor e des**o. Mais tamén de dietas e violencias ✍️

Os textos do libro “Razóns de peso” son de 19 autorías diferentes. Foron escritos de xeito independente, sen guía. Aínda así, hai moitos fíos e palabras que os conectan 🕵️

O e-book está disponíbel no noso web
👉 CatroVentos.gal

Con el podes buscar a ocorrencia doutras palabras como loita, diversidade ou familia 🫣

Tamén no noso web ou nas librarías, podes conseguir o libro físico de “Razóns de peso. Desbordamentos, des**os e outras incomodidades gordas”

10/06/2026

🗯️ “Todos os corpos son dignos de ser vividos plenamente”

🌈 E o activismo gordo merece chegar á radio, aos libros e a todos os recunchos.

Este é un fragmento dunha entrevista a Leticia Citoula e Andrea Nunes no . Para escoitala ao completo, podes buscar “A tarde 20-04-26” en AGalegaAudio.gal, a partir da hora 3 minuto 4.

O IMC como sentenza arbitraria para a maternidade e o Ozempic como pretendido milagre, sen contar as consecuencias. As f...
05/06/2026

O IMC como sentenza arbitraria para a maternidade e o Ozempic como pretendido milagre, sen contar as consecuencias. As fotos onde apareces atrás, tapada, metendo a barriga. A violencia que aumenta con cada quilo na báscula. O corpo gordo como algo transitorio. Mais tamén os festivais gordos e o transfeminismo, o 4 de marzo resignificado. Disto e máis fálanos Leticia Citoula en “Razóns de peso. Desbordamentos, des**os e outras incomodidades gordas”.

👉 Xa podes conseguilo tanto en ebook como formato físico a través de CatroVentos.Gal, ou na túa libraría máis próxima

Razóns de peso é un libro que fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. Dezanove voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de s**o, de soidade, de saúde mental e física, de des**o e de mirada.”

02/06/2026

🥵 Desexaches un corpo gordo algunha vez? Se non o fixeches, pode que che sexa útil aprender sobre a gordofobia. Porque o des**o tamén é político.

Para denunciala e para buscar outras formas de habitar o corpo alén dela, Andrea Nunes e Leticia Citoula reúnen 19 autorías diversas no libro “Razóns de peso. Desbordamentos, des**os e outras incomodidades gordas”. É a primeira antoloxía de activismo gordo en galego. Unha obra coral que mestura poesía, narrativa, ensaio, fotografía, collage e música para denunciar violencias, desbordar normas e construír comunidade desde a incomodidade compartida.

👉 “Razóns de peso” xa está dispoñíbel nas librarías e en CatroVentos.Gal

Este vídeo foi gravado na presentación da Lila de Lilith, en Compostela. Elas formaron parte do micromecenado que permitiu esta publicación 💖

Hai uns días, Andrea deu esta entrevista para El Correo Gallego e presentamos “Razóns de peso” na libraría Lila de Lilit...
29/05/2026

Hai uns días, Andrea deu esta entrevista para El Correo Gallego e presentamos “Razóns de peso” na libraría Lila de Lilith! 🌈

Queremos aproveitar para unirnos na reivindicación da representación digna e do des**o. Tamén para felicitar a Andrea por ese premio Follas Novas 💖

Continuemos cuestionando violencias normalizadas, construíndo espazos seguros e falando da alegría dos corpos gordos 🫂

Dietas de 1000 calorías para un corpo sinalado, difícil de agochar e sen enerxía. Un corpo que foi capaz de recoñecer ig...
26/05/2026

Dietas de 1000 calorías para un corpo sinalado, difícil de agochar e sen enerxía. Un corpo que foi capaz de recoñecer iguais, soster afectos e loitar. Disto e máis fálanos Antonella Rodríguez Acosta en “Razóns de peso. Desbordamentos, des**os e outras incomodidades gordas”.

👉 Xa podes conseguilo tanto en ebook como formato físico a través de CatroVentos.Gal, ou na túa libraría máis próxima

Razóns de peso é un libro que fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. Dezanove voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de s**o, de soidade, de saúde mental e física, de des**o e de mirada.”

Onte desbordamos a Lila cunha presentación moi especial para nós, nunha libraría que é fogar de moitos libros e iniciati...
21/05/2026

Onte desbordamos a Lila cunha presentación moi especial para nós, nunha libraría que é fogar de moitos libros e iniciativas referentes. Unha libraría que é referente e acubillo en si mesma! 💖

Foi un encontro coas coordinadoras, Andrea Nunes e Leticia Citoula, e a editora, Xiana Iglesias. Puidemos conversar sobre gordofobia, pracer gordo e comunidade. Mais, sobre todo, foi unha celebración desta antoloxía que é vivencia e esforzo colectivo 🫂

“Razóns de peso” naceu grazas a un micromecenado onde tamén participou a libraría Lila de Lilith. Obridages a quen viñestes e a todes es que formastes e formades parte deste desbordamento ✨

Compostela! Gardade a data, porque temos presentación 🌈O mércores 20 de maio ás 19:00, na libraría Lila de Lilith, prese...
11/05/2026

Compostela! Gardade a data, porque temos presentación 🌈

O mércores 20 de maio ás 19:00, na libraría Lila de Lilith, presentaremos “Razóns de peso. Desbordamentos, des**os e outras incomodidades gordas”. Será un encontro coas coordinadoras, Andrea Nunes e Leticia Citoula, e a editora, Xiana Iglesias 💖

Esta antoloxía é posíbel tamén grazas á libraría Lila de Lilith. Elas achegaron no micromecenado que permitiu a publicación deste primeiro volume contra a gordofobia en galego, formando parte deste desbordamento ✨

“Razóns de peso” é un libro incómodo. Non foi escrito para agradar, senón para abrir espazo. Fala do peso que non marcan as básculas: o peso simbólico que cargan os corpos gordos e o peso político de habitalos. O peso das miradas, das humillacións e das violencias; mais tamén o das apertas, dos risos, da memoria e do des**o. Estas páxinas debuxan unha cartografía colectiva de carne, rabia e pracer que desafía a estreiteza de miras e cuestiona a lóxica do medo, do normativo e do hexemónico. Aquilo que o sistema quixo converter en vergoña transfórmase aquí en orgullo.

Se ti aínda non recolliches a túa recompensa do Verkami, avísanos e levámola á presentación! 🫂

🌈 Escribir desde o corpo… en comunidadeOnte participamos no encontro “Escritas desbordadas: narrar o que incomoda”, no m...
08/05/2026

🌈 Escribir desde o corpo… en comunidade

Onte participamos no encontro “Escritas desbordadas: narrar o que incomoda”, no marco do Corufest, na Biblioteca Ágora.

Deixamos por aquí unhas fotos preciosas de Claudia L. Franco desta xornada onde desbordamos. Porque escribir e editar nas marxes tamén é formar parte dunha comunidade ben linda e, sempre, aprender.

Na mesa redonda estiveron Andrea Nunes e Leticia Citoula como coordinadoras da antoloxía “Razóns de peso”. A conversa foi moderada por Nee Barros, parte da nosa equipa editorial. Tamén participaron Miguel Calvo Marques, autor de “As esquinas”; e Daniel Amarelo e Alva Lourenço, autories do “Guia de linguagem não-binária”.

Moitas grazas a quen viñestes. Tamén á organización do .2026 e a pola oportunidade e o espazo 💖

Dirección

Avenida Rodríguez De Viguri, 6, 1º
Vigo
15703

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 23:45
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Catro Ventos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir