27/12/2022
O pasado 14 de abril do ano 2022 o Diputado nacionalista Luís Bará alertaba ante o "sablazo" que suporía a Lei da Auga da Xunta de Galicia e por elo denunciou publicamente que a súa aplicación conlevaría conflictividade entre concellos e diputacións, ademáis dun maior gasto familiar.
Agora vimos de coñecer que o Alcalde Nacionalista Adolfo Muiños ven de solicitar ante a Xunta un estudio para deixar a xestión da EDAR nas mans de Augas de Galicia.
A Consellería de Infraestructuras eloxia que o concello de Rianxo gobernado polo BNG sexa dos PRIMEIROS en acollerse a esta nova normativa.
Pero por outra banda, veremos como se tomará a Sra. Ana Pontón este desplante do Sr. Muiños despois das tremendas e catastrofistas críticas vertidas polo BNG sobre esta nova Lei da auga.
RESUMINDO:
A Xunta de Galicia sae o rescate do Concello de Rianxo construindo unha nova EDAR, tanque de tormentas e novo emisario para os que adicaron un investimento de 14 Millóns de euros, sendo unha competencia MUNICIPAL.
Agora resulta que o goberno BNG+PSOE non se quere facer cargo da nova EDAR e solicita un estudo a Xunta apoiándose na nova Lei da Auga, a cal fora moi criticada pola Dirección Nacionalista, para que Augas de Galicia se faga cargo da súa xestión.
En que quedamos señores e señoras do BNG?????....parece que o goberno do BNG+PSOE rianxeiro neste asunto dalle a razón a Xunta de Galicia, non?
O que si queda claro, e que Rianxo atópase a deriva e sen rumbo....nin BNG nin o PSOE teñen claro cales son as prioridades do noso concello nin dos seus veciños!!!!!
Unha mostra máis da incompetencia dos que des-gobernan Rianxo.