COWORKING CARBALLO. AQUI HAI MOITO PARA TI
¿Tes algunha iniciativa empresarial independente e precisas un lugar onde desenvolvela, nun ambiente profesional de cooperación e apoio?
Calquera que sexa o teu sector, pode interesarche coñecer Carballo Coworking, pero terás preferencia se pertences ós eidos da cultura, as novas tecnoloxías, a rexeneración urbana, o benestar e os servizos ás persoas, sector audiovisual, turismo ou investigación e iniciativas que formen parte da economía social.
Profesionais compartindo o mesmo espazo, fomentando sinerxías, economía social e colaborativa e o espírito de comunidade. O Coworking é unha forma de traballo que permite a autónomos, profesionais independentes, start- ups, pemes, microempresas e emprendedores de diferentes sectores e actividades compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver e fomentar os seus proxectos profesionais de xeito independente, ó mesmo tempo que fomentan proxectos conxuntos e se potencian oportunidades de negocio.