21/10/2025
🚌🚌 𝐀 𝐗𝐔𝐍𝐓𝐀 𝐑𝐄𝐒𝐂𝐈𝐍𝐃𝐄 𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐀𝐓𝐎 𝐂𝐎𝐍 𝐋𝐔𝐆𝐎𝐕𝐄 𝐄 𝐍𝐈𝐆𝐑Á𝐍 𝐃𝐄𝐌𝐀𝐍𝐃𝐀 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀𝐒 𝐍𝐎 𝐓𝐑𝐀𝐍𝐒𝐏𝐎𝐑𝐓𝐄 𝐏Ú𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀𝐋.
🚌🚌 O Concello de Nigrán confirmou que a Xunta de Galicia rescindirá de mutuo acordo o contrato coa UTE Lugove, encargada do servizo de transporte público na comarca do Val Miñor e Baixo Miño (concesión XG883), despois de cinco anos de funcionamento. A decisión chega co obxectivo de volver licitar o servizo con melloras, logo de recoller propostas dos concellos afectados.
🚌🚌 Segundo informou o alcalde, Juan González, o goberno local xa trasladou á Dirección Xeral de Mobilidade as súas achegas “imprescindibles para que o servizo funcione de verdade na comarca”.
🚌🚌 Entre as principais demandas destacan:
• Incremento das frecuencias entre Nigrán e Vigo, con intervalos de 30 minutos entre as 7:00 e as 22:00 horas, tanto no verán como no inverno.
• Obrigatoriedade de reforzó cando un autobús circule completo, para evitar que queden usuarios en terra.
• Mellores conexións co Hospital Álvaro Cunqueiro, con vehículos adaptados.
• Sistema de xeolocalización en tempo real e paneis informativos nas paradas.
🚌🚌 O rexedor cualifica o servizo prestado por Lugove como “insuficiente” e subliña que “as deficiencias quedaron patentes desde o primeiro día”. Ademais, reclama que a Xunta asuma directamente o servizo municipal Nigránbus, operativo desde 2022, e que estude implantar sistemas semellantes noutros municipios para conectar o rural.
🚌🚌 “É un servizo social esencial que cambiou a vida de moitos veciños maiores sen vehículo propio; non se pode medir só en termos de rendibilidade económica”, destacou González.
🚌🚌 Mentres non se adxudique o novo contrato, Lugove continuará operando con normalidade baixo a vixilancia da administración autonómica.