20/05/2026
O día comezará cunha clase de danza contemporánea con ferramentas terapéuticas no miradoiro de Moura, a cargo de SIL Producciones - Artes en movimiento e coa música en directo da pianista María Mendoza.
Pola tarde, desprazarémonos ata Esgos, onde María Mendoza nos guiará na creación en tempo real dunha peza musical que quedará para o noso recordo.
Todos os gastos de organización, coordinación, deseño e prestación de servizos, promoción e publicidade, etc. incluídos nestas experiencias son asumidos con cargo a o “Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, compromiso coa mobilidade sostible e a mellora continua” (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU).
Tu acceso a experiencias únicas está a solo un clic.